Como premio pola vitoria no Parlamento Xove 2016 que se celebrou en maio, os alumnos do IES Becerreá decidimos viaxar a Bruselas, para coñecer o corazón da Unión Europea. Foi unha viaxe de cinco días na que poidemos coñecer a cidade, visitar Ámsterdam, na veciña Holanda, e a cidade de Brujas. O primeiro día, tras aterrar no aeroporto de Záventem, coñecido polos tráxicos atentados, dirixímonos ao noso hotel, situado no corazón da cidade, preto do Grotte Mark, a praza onde se atopa o concello de Bruselas e na que os edificios eran moi chamativos polas súas decoracións. Esa mesma tarde, aproveitamos para visitar os arredores e coñecer as rúas próximas. O día seguinte, xa pola mañá, visitamos a cidade e os monumentos da mesma, como o Atomium, un monumento con forma de átomo aumentado, que como a Torre Eiffel, se construíu para un evento mundial e que ao final perdurou ata os nosos días, e o Manneken Pis, unha fonte da que a auga saía dun neno mexando e do cal existían numerosas lendas. Así mesmo, para desprazarnos pola cidade empregamos principalmente o metro, e poidemos apreciar o importante que era para a cidade. Ademáis, achegamónos ata o Parlamento Europeo e, aínda que non podemos visítalo por dentro, si nos adentramos nun museo chamado Parlamentarium, no que coñecemos máis sobre a creación da Unión Europea e tamén cómo se traballa nela. No noso terceiro día aproveitamos para visitar Ámsterdam, a cidade das bicicletas, tamén coñecida como a Venecia do norte, polos seus canais. Alí, mentres Julia, Xulio e Jesús esperaban a enorme cola para entrar na casa-museo de Anne Frank, nos visitamos un pouco a cidade. Foi incríble! O día seguinte viaxamos a Brujas, unha cidade de película que, sen dúbida, nos deixou abraiados. Como peche da aventura, no noso último día aproveitamos para coñecer a fondo Bruselas, grazas a unha guía que nos ensinou a parte antiga da cidade que nos explicou como se creou, e xa pola tarde, mercar algún recordos da cidade. Na mañá do día seguinte, espertámonos cedo para retornar e tras moito camiñar, moita festa e moita diversión, regresamos a Becerreá. Foi unha viaxe para o recordo que esperamos repetir moi pronto!

Equipo “Ancares 4”
IES BECERREÁ