Don Bosco tiña claro que o seu labor era axudar aos mozos e desfavorecidos. Hoxe en día, nas comunidades salesianas se segue a perseguir esta causa. En concreto a casa salesiana de Lugo leva a cabo durante o curso escolar unha serie de iniciativas para traballar a solidariedade cos de cerca e cos de lonxe.
Dentro do colexio, cómpre destacar a figura do “alumno/a axuda”; que é un alumno ou alumna que trata de mediar nos conflitos xurdidos na clase ou no patio, así coma tratar de integrar aos novos alumnos que cheguen ao centro.
A Fundación JuanSoñador ofrece apoio escolar ao alumnado que o precise especialmente dirixido a aqueles que teñen dificultades educativas e/ou estean en risco de exclusión social da nosa cidade.
Ao longo do curso escolar temos instalada no colexio unha despensa solidaria. Cada mes, unha etapa do colexio trae algúns alimentos que se levan semanalmente á Cáritas da parroquia da Milagrosa, a cal se encarga de repartilos entre as persoas necesitadas do noso barrio.
Tamén axudamos a persoas desfavorecidas que están noutros países participando na campaña do DOMUND, axudando a países subdesenvolvidos que precisan axuda.
Contribuímos tamén con Mans Unidas, dedicándolles titorías coas cales decatámonos da verdadeira realidade e facendo achegas voluntarias.
Este curso fixemos un festival solidario no que o recadado foi para Vietnam, un país que desde a guerra, aínda non se recuperou totalmente, posto que os axentes laranxas causaron un importante dano medioambiental.
O último acto que tivemos ata agora foi o bocata solidario. Este día a maioría dos alumnos quedámonos a xantar no colexio, pero non como un día normal, comemos un bocata, que xunto cos vídeos e a reflexión que previamente fixéramos na clase, servíronnos para empatizar e poñernos no lugar dos que teñen unha situación máis difícil ca nos. Adicamos parte deste tempo na clase a unha actividade que consistía en traducir uns textos que nos enviaron os vietnamitas en inglés, acompañados dunhas fotos, no que eles e elas contábannos a súa situación e a súa intención, co que así comprendemos mellor todo o que está a pasar alí.
Todo o recadado, neste caso tamén foi para Vietnam, concretamente para contribuír na creación dunha escola de Formación Profesional.
Loreto Pereira López
Paula López Villamor