A mestura do medo e a intriga por saber o que vai acontecer ó final da película son as bases do éxito do cine de terror. O mesmo medo que nos inunda a última noite de outubro.
Chegadas estas datas do ano e basándonos nisto podemos definir o samaín como unha festa pagá que orixinaron os celtas debido o seu rito ós mortos, aínda que a súa orixe se remonte, posiblemente a anos atrás. Para este pobo, o samaín era o fin do ano, chegaba a época escura e o final das colleitas. Na noite do 31 de outubro os límites entre vivos e mortos desaparecián, de aí ven o dos disfraces, para espantar os espíritos, ó igual que outro rito non tan coñecido que consistía en invitar ás almas dos devanceiros á casa. Os camiños enchíanse de luz que proviña das distintas candeas acesas introducidas, primeiro en nabos e despois, en cabazas. Toda esta información chegou ós nosos días grazas a investigacións dos folcloristas que iniciaron investigación arredor do século XIX.
Como os celtas tamén se asentaron en Irlanda, a migración masiva destes últimos fixo que esta tradición chegase a América, onde os estadounidense fixeron un copia e pega chamándolle “Halloween”
Aínda que eu comparto a opinión de moitos historiadores que cren, que as tradicións teñen unha orixe, despois a nosa forma de interpretalas dende o presente é moi subxectiva. Aínda que recuperar as nosas tradicións é algo realmente necesario neste mundo tan globalizado, no cal parece que nos queren impoñer unha cultura e fala, o que conlevaría á perda da nosa identidade. Por iso no IES A Pinguela non celebramos o “Halloween”, nos festexamos o Samaín. Para levalo a cabo organizamos un concurso de cabazas e, grazas ó departamento de perruquería e estética, organizamos unha xornada que metía medo. Eso si, pasar pasámolo moi ben.