Os alumnos de Tecnoloxía de 4º ESO fixemos dúas árbores de Nadal de listóns de madeira.
Na primeira árbore empezamos por medir e recortar táboas de madeira sacadas de palets. Cortámolas en listóns de diferentes tamaños. Os alumnos de FP trouxéronnos a base da árbore, que é un palet cunha barra de ferro colocada en vertical para suxeitar o resto dos listóns. Mentres que uns cortaban as pezas de madeira, outros lixábanas. Cando acabamos de lixar e mais de recortar as pezas, empezamos a colocar a árbore de forma cónica con axuda de zocos que furabamos para que encaixasen na barra de ferro. Fomos colocando en forma de espiral as táboas e, ao final, colocamos a estrela que elaborou un compañeiro de 3º ESO.
Na segunda árbore, seguimos un método parecido aínda que esta árbore foi construída verticalmente e aproveitamos para poñer frases relacionadas co Nadal, mentres que a anterior árbore foi decorada con adornos elaborados polo alumnado de 1º ESO.
O resuldado final, na miña opinión, mereceu a pena xa que supuxo un gran esfozo de todos os compañeiros e ambas árbores quedaron moi ben decoradas e moi vistosas na entrada do instituto.
Os compañeiros de 1º ESO fixeron coa axuda da profesora de Lingua Castelá, Maria José Andión, greguerías con temática de Nadal.
Tamén elaboraron postais de Nadal en Educación Plástica e Visual e un mural en Relixión. Todos estes traballos están expostos no corredor do primeiro andar do Pavillón central, nas escaleiras e na entrada.
Por último, entre o alumnado de 1º e 4º de ESO, coa axuda dunha aplicación chamada Notegraphy, redactamos os nosos propósitos para o 2018 e o que lles desexamos aos nosos familiares e amigos.
Botade un vistazo ás imaxes e contaxiádevos do ambiente do Nadal!