As curuxas organizamos este ano un concurso literario no samaín.Nel, participaron todos os cursos da ESO.Todos os relatos debían tratar sobre o samaín, pero fixemos fincapé en que se inspirasen na cultura celta nestas dtas,as súas tradicións,costumes… Entre todos os relatos que n
os chegaron escollimos os que cumprían as normas acadadas e tivesen unha interesante historia .Os premiados foron o alumno de 4º da ESO Javier Cadenas Díaz ,co relato “ A Santa Compaña” ,e o dunha alumna de 1º ESO,Alba Busto. Na celebración que tivemos no noso centro,fixemos a entrega de premios aos alumnos premiados. Agasallámolos con dous packs que contiñan accesorios para os móbiles.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para nos, as curuxas,xa que foi a primeira actividade de normalización lingüística (coa axuda da nosa titora Luz e o noso profesor de galego, Antón Bao) que levamos a cabo. Agradecemos moito a participación dos alumnos e animamos a todos a que escribades moito máis,pero en galego,por suposto!
Equipo “Ancares 4”
IES BECERREÁ