O alumnado de quinto e sexto cursos de primaria do Ceip Antonio Insua Bermúdez de Vilalba súmase ao proxecto educativo do xornal
Para o alumnado de quinto e sexto curso do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, iso de aprender a ser xornalistas non é de todo cousa nova. Os pícaros están entusiasmados coa idea de sumarse aos numerosos centros educativos da provincia, tanto de educación primaria como de secundaria, que van participar no proxecto Escola de Prensa El Progreso, que pon en marcha este xornal co patrocinio de Leyma Natura, do grupo Leche Río. Pero o de traballar coa información e os medios de comunicación escritos é xa para eles unha actividade coñecida, como explica María Guerrero, a xefa de estudos do centro. «Esto de que os nenos aprendan a facer a seu propio xornal é un proxecto educativo novidoso que cremos que o noso alumnado vai afrontar especialmente ben, porque xa están acostumados de cursos anteriores a traballar con xornais, xa coñecían ese medio de comunicación e agora van afondar máis niso», di.
En efecto, o Insua Bermúdez vén incluíndo xa no seu programa académico dos últimos anos un traballo semanal cos xornais, para achegarse ao mundo da información, tan importante para que os pícaros aprenden a coñecer e a valorar a realidade que os arrodea. Incluso os maiores, os rapaces de sexto de primaria, realizan cada ano unha entrevista a un personaxe que se considere de interese e despois ese traballo publícase na revista escolar.
agora van un paso máis aló. Coa súa integración no proxecto —concebido tamén como un concurso, o que fai que a motivación dos rapaces medre aínda máis—, os alumnos van ir agora un paso máis aló. Así o estima o director do colexio, Tino Alvite, que destaca un obxectivo: «Que os nenos non só aprendan cal é a estrutura dun xornal en xeral e tamén das noticias en particular, senón que se decaten da importancia que teñen os medios de comunicación na nosa sociedade» e engade que «con esta actividade de facer o seu propio xornal, os nenos aprenderán a coñecer mellor e analizar a realidade», conclúe.
E todo co gran incentivo que supón que, desta volta, se o seu traballo se atopa entre os tres gañadores do concurso, non se publicará na revista escolar senón que se editará como se dun xornal de verdade se tratase. ¡As súas