Entrevista a Sergi Quintela, xogador do Breogán CB.

-Dado que os tres equipos nos que estiveches estaban en distintas categorías, para ti cal foi o cambio máis notable ao cambiar de categoría?
Pois a verdade este último polo gran cambio físico.
-Que representa para ti estar xogando no Breo despois de formarte nas canteiras do Lugo?
Para min é un orgullo xogar no equipo do que son dende ben pequeno.
-Para que equipo te irías tendo en conta que só podes ir a un dunha liga superior?
O Baskonia por como viven o baloncesto.
-Que cambios cres que houbo no equipo dende que chegaches ata agora?
O máis significativo foi a marcha de Aaron e a incorporación de Mario.
-Por que o apodo de God Save The Queen?
O speaker que está un pouco tarado
-Que é o peor de ser un deportista do teu nivel?
A verdade é que nada porque fas o que che gusta e ademais páganche por facelo, é o máximo.
-Tiveches algunha vez problemas con algún compañeiro dalgún equipo?
Non, nunca, ao mellor algún roce nun adestramento pero iso queda sempre aí.
-Para ti cal é o mellor momento dun partido?
Os minutos finais cando tes o balón e o ambiente está máis tolo.
-Cres que o racismo está presente no deporte , e se cres que si en que sentido?
Non sei a outros niveis pero na Leb Oro nunca oín ningún cántico racista.
-Dos equipos nos que estiveches cal foi o que máis che gustou?
É complicado pero quizais o Cambados, xa que me trataron xenial e era un máis da cidade.
-Cando empezaches no baloncesto tiñas pensado chegar onde chegaches?
Non, sempre soñas con ser como Gasol pero nunca pensas que poida suceder.
-Nótase na cancha o cambio cando vas a un novo equipo como neste caso ao Breo?
Ao principio xa que aquí hai un xogo máis de control e en Cambados de xogar máis ofensivo.
-Cal foi o momento no que empezaches a xogar o baloncesto e que sabías que te ías dedicar a isto?
Cando era cadete de segundo ano e o adestrador Álex Polo me subiu ao equipo de primeira autonómico con Chapela , Charls… Aprendín moito deles.
-Cando empezaches a ver que xa te podías ir dedicando a isto tiveches o apoio da túa xente máis achegada?
Si, sobre todo do meu irmán.
-Tiveches algunha lesión que che fixera formularte deixar o baloncesto?
A verdade é que non nunca tiven lesións de máis dun mes.

Entrevistadores:
Adriá Maldonado e Bret Fernández