PARQUE DE LA VIDA
O 5 de abril o equipo Maruxía foi de visita a un lugar moi interesante, ao Parque da Vida. Trátase dun recinto de 32.000m2 no que se realizan actividades de divulgación científica. Está situado en Otur, preto de Luarca, no municipio asturiano de Valdés.
O principal responsable deste proxecto é Luis Laria, presidente e fundador da CEPESMA, Coordinadora para o Estudo e a Protección das Especies Mariñas.
No Parque da Vida existen instalacións dedicadas á historia do universo, á caza das baleas, ás luras xigantes, etc e un planetario.
A CAZA DAS BALEAS. No espazo relacionado coa caza das baleas, unha monitora explicounos como se capturaban as baleas antes e como alguna especie, como por exemplo a balea cantábrica se acabou extinguindo debido ao fácil que era cazala.
Unha vez que vían a balea desde a barca lanzaban o arpón é crabavábano na cabeza do animal. Despois de matala, despezábana. Dese despece, aproveitaban a graxa para facer xabón e aceite. Despois estivemos vendo obxectos que alí tiñan debuxados, como por exemplo: escenas de caza, crías de baleas debuxadas, etc… Tamén había maquetas do esqueleto cetáceos.
O MANEXO DAS SERPES. Na visita ao Parque da Vida puidemos tocar e coller algunhas serpes non velenosas que coidan alí. Manexamos tranquilos réptiles que captan o son e a alteración por vibracións, polo que para telas hai que estar en completo silencio e sen alborotarse. As serpes captan o olor pola lingua e a súa pel é moi suave polo que tocalas foi agradable ao tacto.
Tratábase de especies non autóctonas, en xeral, constritoras coma a pitón amarela ou a serpe real mexicana. Algunhas persoas cómpranas como mascotas e despois abandónanas ou queren desfacerse delas. Para que non interfiran no ecosistema e para que non asusten á poboación lévanas a estas instalacións onde as coidan.
AS LURAS XIGANTES DE LUARCA. Estes fondos pertencían anteriormente ao “Museo del calamar gigante” e foron trasladados desde o peirao de Luarca, xa que as intalacións do museo foron gravemente danadas por un temporal. Agora, no Parque da Vida, hai distintas especies conservadas en gandes frascos e vitrinas. Tenden a ser animais que viven a moitos metros de profundidade no mar, case onde non chega a luz. Estas especies teñen toneladas de agua encima deles mentres viven, polo que teñen que soportar elevados niveis de presión sobre o seu corpo.
Entre outras especies vimos un Melanocetus johnsonii, que ten unha luz encima e pesca atraendo a outros peixes ao velo iluminado nas profundidades abisais. Outra especie abisal que conservan nesta sala ten un sistema co que se enche de aire e vai flotando sendo propulsado polas ventosidades que vai expulsando. Esta femia desta especie pesa uns 20 kilos e cando o macho encontra unha femia pégase a ela como un parasito e aliméntase do seu sangue mentres viva.
Tamén vimos unha carabela portuguesa, unha medusa moi perigosa e un peixe remo, especie que pode chegar a medir 17 m de longo e que nada vertical.
A lura gato é outra das grandes luras xigantes que conservan no Parque da Vida e recibe ese nome porque nos tentáculos ten pequenas uñas. A súa boca ten forma de pico e cando queren conseguir unha femia, os machos peléxanse entre eles utilizando os tentáculos como defensa.
Tamén visitamos outros espazos moi interesantes como unha sala dedicada á historia do universo e asistimos a unha proxección no planetario cunha amena explicación de Luis Laria, que nos sorprendeu con moitos dos datos que aportou sobre distancias, velocidade, planetas, satélites etc.
O Parque da Vida é un lugar a onde merece a pena volver para seguir aprendendo.