SEMANA SANTA EN FERROL

O colexio san Xosé Pescuda sobre a Semana Santa ferrolá.

A Semana Santa é un período de sete días que comeza co Domingo de Ramos e culmina co Domingo de Resurrección.

En Ferrol é a celebración máis importante e tradicional, xa que os primeiros documentos escritos son de 1616.

Durante todos os días comprendidos entre ambos, salen á rúa un total de veinticinco procesións organizadas polas cinco Confrarías ( Confraría das Angustias, Confraría das Dores, Confraría da Soidade, Confraría da Mercé e a Parroquia do Socorro ) con sede na cidade. Todas as procesións teñen acompañamento musical como as Bandas do Terzo Norte, Timbaleiro ou a das Angustias, etc…

Un rasgo característico das procesións ferrolans é a participación dos nen@s nelas. Todas as Hermandades teñen seccións infantís. Xa dende 1951, no seu primeiro cortexo, aparecen os monaguillos, sendo pioneira nos nen@s de corta idade, sen capuz acompañando ó Señor Iacente

Desde o século XVII os mellores escultores de Galicia traballaban para a Semana Santa de Ferrol, que aínda conserva xoias desa época con tanto valor artístico como material. É o caso da urna do Santo Enterro, que se encargou no 1892 cos materiais máis ricos da época: paosanto, cedro, caoba, buxo, prata, marfil e nácar.

A peza máis antiga que procesiona actualmente en Ferrol é o Cristo dos Navegantes, aínda que a orixinal queda na capela do Socorro e o que desfila é unha réplica de 1949 creada por Enrique Carballido. O mesmo sucede co Cristo da Misericordia: a orixinal é unha obra neoclásica do 1868, pero a que sae no trono elaborouse no 1999.

Unha das procesións máis importantes é o Encontro, na que se reúnen os Pasos seguintes: San Xoán, Xesús Nazareno, A Verónica e a Virxe de Dolores. Este ano o Encontro celebrouse na Praza de Amboaxe .

Foto propia do Santo Encontro na Praza de Amboaxe, no 14 de Abril de 2017

Isabel Carballada Acitores. Camiño Primitivo A. Colexio San Xosé-FEC de Lugo.