JIRO TANIGUCHI
Este recoñecido autor de manga, tanto en Xapón como en Europa, faleceu o pasado 11 de febreiro tras unha carreira de 40 anos.
Nado o 14 de agosto de 1947 en Tottori (Xapón), aprendeu o oficio xunto a Kazuo Kamimura, o cal o puxo en contacto co cómic occidental. Nos anos 80 dedicouse a traballar xunto co guionista Natsuo Sekikawa, mentres que nos 90 publicou moitos traballos en solitarios (El almanaque de mi padre, Samurai Legend, Barrio lejano…).
Taniguchi debutou a principios dos setenta con Una habitación árida, e ten obras tan diversas como Ícaro, Los años dulces, La cumbre de los dioses, El gourmet solitario ou Sky Hawk.
Gañou numerosos premios, no seu país de orixe e en occidente: recibiu o premio Alph’Art, polo mellor guión no Festival Internacional de Cómics de Angoulême (Francia) e tamén foi nomeado Caballero de la Orden de las Artes y Letras de Francia.
O seu estilo caracterizábase polo seu realismo, o trazo limpo e o acabado detallista; utiliza elementos dos cómics occidentais como a riqueza dos decorados e a diversidade na construccion da viñeta.
A súa obra está orientada ao público adulto, abordando con frecuencia as relacións persoais, e os seus personaxes son naturais e profundos, moi diferentes dos protagonistas de manga xuvenil.
Taniguchi era admirador da obra de autores europeos como Moebius ou Miguelanxo Prado.
Na biblioteca do noso IES de Quiroga temos varias obras súas: El sabueso, Tomoji, El olmo del Cáucaso, Los vigilantes del Louvre, Barrio lejano, Mi año, La montaña mágica…
Se aínda non lestes nada del, a que estades esperando?
María D. González Prieto, Iago Sánchez García e Pedro Sánchez Suárez (4º ESO)