Iniciativas para fomentar o uso da lingua francesa

O pasado 30 de novembro de 2016, os alumnos e alumnas de francés fixeron unha saída ao Teatro Principal de Ourense para ver unha versión teatral de “Le petit prince”, a famosa novela curta de Antoine de Saint-Exupéry.

Antes do Nadal do 2016, púxose en marcha na aula de francés un concurso de marcapáxinas. Cada un debía levar escrito unha frase literaria en francés por un lado e polo outro, o mesmo texto ía en galego. A gañadora do concurso foi Emma Casanova (1º ESO).

Coa chegada das datas navideñas, o alumnado de francés elaborou unhas postais con debuxos relacionados co vocabulario de Nadal. As postais debían incluír a linguas galega e francesa. Todas foron recollidas para a creación dun dicionario ilustrado francés-galego.

O 30 de xaneiro do 2017, con motivo do día da Paz, as alumnas de 4º ESO desprazáronse á aula de 1º ESO para ensinarlles a elaborar unhas pombas de papel aos compañeiros. As pombas debían incluír unha mensaxe referida ao vocabulario aprendido en francés. Unha vez feitas, estas foron colgadas na entrada principal do IES de Quiroga. Tamén debuxaron na aula de francés unha gran pomba que foron enchendo con pombas máis pequeñas nas que o alumnado escribía unha palabra relacionada co vocabulario alusivo á Paz.

Polo San Valentín os alumnos/as estudaron o vocabulario do amor, da amizade, os símbolos, “les mots doux”, que se intercambiaban as persoas para expresaren os diferentes tipos de amor (maternal, de parella, de amizade…). Fixéronse pequenos corazóns onde se escribían “des mots doux”, facendo con todos eles un gran corazón rodeado por dous Cupidos. Tamén se realizou un mural cunha margarita, na que se escribiu en cada pétalo un adverbio de intensidade.

O 23 de febrero o alumnado de francés tivo a ocasión de regresar ao Teatro Principal de Ourense para asistir á representación da famosa comedia de Molière “Le malade imaginaire”. Anteriormente os/as alumnos/as tiveron que realizar un traballo referido a esta obra para coñecela mellor.

Todas estas actividades propostas ao alumnado contribuíron a fomentar o seu interese pola lingua francesa e proporcionáronlle novos coñecementos.

IMG-20170404-recorte DSCN2021, día dos namorados DSCN2011, Día da Paz - peq

Paula Victoria Quijada Rodríguez (4º ESO)