Os alumn@s de 3º da ESO A do Colexio San Xosé-FEC, preocupámonos pola contaminación hídrica e visual dos ríos Miño e Rato.
A contaminación da auga orixínase, sobretodo, polo crecemento demográfico e pola actividade industrial, agraria e gandeira do home.
A aportación de residuos polo home fai que se contamine as augas subterráneas, superficiais e os cauces naturais.
No caso da nosa cidade, as augas máis contaminadas atópanse no río Miño e sobretodo no río Rato. A zona máis contaminada deste, é a Garaballa, a situación é motivada por mor dun chamado pozo de tormenta que non funciona ben e ao que lle están a facer traballos de mantenemento.
Ademais no río Rato as especies acuáticas non se poden desenvolver debido a contaminación.
No caso do río Miño a zona máis contaminada atópase entre a ponte de orixe romana e o balneario, debido a gran produción de residuos.
San Xosé A. 3º da ESO A do Colexio San Xosé-FEC