IMG-20170308-WA0005

 

Desde fai moitos séculos víñase catalogando traballos de homes e mulleres.

Coma todos os anos, o 8 de marzo adícase ao día da Muller Traballadora e unha vez máis decatámonos que os traballos non están clasificados por ser homes ou mulleres.

Silvia e Miriam, dúas rapazas da Pastoriza, viñeron ao cole para contarnos a súa experiencia e explicáronnos que tanto as mulleres coma os homes podemos cociñar, andar en moto, xogar ao fútbol, pintar coches, planchar… Así é que, ambas dúas, tamén xogan en  cadanseu equipo de fútbol (o Pastoricense e nun equipo do Lugo).

E non só isto, senón que ademais traballan de mecánicas: Silvia gañou o primeiro premio de pintura de coches entre doce rapaces e agora vai competir nun concurso a nivel Europeo.

E a súa irmá, traballa na oficina do taller e é a encargada de pedir as pezas necesarias para arranxar os vehículos.

Está é unha gran mostra da igualdade entre homes e mulleres.