O día 24 de febreiro é un día moi especial para os galegos xa que é o día da famosa escritora Rosalía de Castro, pois esta é a data do seu nacemento.  A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón que nesta data todos os galegos e galegas agasallen cun libro e unha rosa. O lema escollido para este ano foi RosalíaTe.

No noso colexio, o CEIP O Salvador, rendémoslle unha pequena homenaxe elaborando unhas máscaras de Rosalía coas que todos xuntos sacamos unha foto mentres diciamos a frase: “Todos somos Rosalía”. Ademais, nesa semana recitamos o poema “Adiós ríos, adiós fontes”, repartindo as estrofas entre os distintos cursos, e gravamos un vídeo coas máscaras mentres suxeitabamos cartolinas nas que estaban escritos os verso

s. Pasámolo moi ben!