ENTREVISTA A NIEVES RODRÍGUEZ PÉREZ
Nieves Rodríguez Pérez, segunda clasificada no campionato de España de ximnasia rítmica de 1988 e actual mestra nesta disciplina, dedícanos un anaco do seu tempo libre para realizar esta pequena entrevista sobre a súa experiencia neste deporte.
- Por que elixiches este deporte?
Porque aínda que este deporte non era coñecido dúas nenas do meu barrio empezaron a practicalo e quixen probar.
- A que anos empezache?
Con sete anos.
- Resultouche moi complicado?
Si, moi complicado. Empeza todo sendo un xogo pero despois converteuse en algo máis serio.
- Onde adestrabas?
Nun patio-ximnasio do meu colexio.
- Cantas horas?
Os primeiros tres anos só dous días á semana. Pero despois, a partir dos doce, todos os días da semana polo menos catro horas diarias.
- Quen foi a túa inspiración?
Cando xa empecei a competir coincidiu cos Xogos Olímpicos de Seúl e había dúas ximnastas que me gustaban moito: Alexandra Timoshenko e Marina Lóbatch, sobre todo esta última.
- Cal foi o aparato que mellor se che daba?
A pelota, gústame moito porque é un aparato moi elegante que che permite exhibir máis as túas condicións físicas.
- Tiveche que sacrificar algo para chegar a campioa de España?
Ao principio non porque era como un xogo, pero despois deixei de ter vida persoal. En canto saía do instituto tiña que ir a adestrar, non tiña tempo libre.
- Que sentiche ao ser segunda de España?
Non o cría. Sempre fun unha muller que non confía monto en si mesma. Foi un shock. Pero o máis importante non é gañar senón que che guste o que fas.
- Sentiche nalgún momento que non o podías conseguir?
Cada vez que competía. Sempre estaba moi nerviosa.
- En que cambiou a túa vida ese título?
En xeral nada, deume moitos ánimos para seguir adestrando. Para a miña familia foi un gran cambio, sentíanse moi orgullosos de min.
- Tiveche alguna mala experiencia?
Si, tiven malas experiencias, de feito por eso deixei a ximnasia rítmica. A miña adestradora era moi dura, presionábanos moito. Controlaba moito o noso peso. Inda hoxe hai mozas que deixan de comer pola presión e acaban padecendo anorexia ou bulimia. Este é un deporte que require moito esforzo e hai que alimentarse ben.
Pero hoxe en día a miña adestradora e eu levámonos ben.
- Hai moita rivalidade neste deporte?
Si, é o que fai mellorar as ximnastas pero hai que entendela ben: que haxa outros rivais ten que facer que nos esforcemos máis para superarnos.
- A que idade te retiraches?
Aos 18, antes as ximnastas retirábanse moi pronto, aínda que agora soen deixalo máis tarde, incluso seguen entrenando despois.
Esta entrevista foi realizada por:
Ariadna del Pont Expósito, Vanesa DomínguezLabariñas, Débora Fernández Arnesto, Rubén López Rodríguez e María Dolores Rodríguez Arza.