PINTANDO A MONA… LISA
No IES de Quiroga temos durante este mes, no corredor da planta baixa, unha exposición dedicada aos «collages» da Mona Lisa feita polo alumnado de 4º da ESO que ten Educación Plástica. Elixiron este cadro porque moitos personaxes famosos estaban facendo as súas propias giocondas. Ao profesor pareceulle adecuado escoller esa obra de Leonardo da Vinci
xa que quería traballar a técnica do «collage» con ese grupo. Este é un retrato moi coñecido do que había moitos exemplos doutros artistas, que xa fixeran a súa propia recreación do cadro. Así podía ensinarlles varios modelos aos meus compañeiros/as para darlles ideas.
Luz María González Cardero (4º da ESO)