CONCURSO DE NADAL NA BIBLIOTECA DA PASTORIZA

Na biblioteca municipal do Concello da Pastoriza organizouse un concurso de postais e poemas de Nadal. A felicidade destas datas encheunos de creatividade para crear versos e debuxos, e moitos nenos e nenas do noso colexio, o CEIP O SALVADOR, gañaron premios por ser os seus traballos os máis fermosos e orixinais. Estes compañeiros e compañeiras foron premiados con divertidos libros nun acto que se celebrou casa da cultura e, como non, os nenos e nenas gañadores fixéronse unha foto todos xuntos co alcalde da Pastoriza. Os premiados foron alumnos e alumnas de diferentes cursos que recibiron o agasallo con moita ilusión. Querémoslle dar as grazas ao alcalde e ao xurado que tivo que decidirse entre moitos poemas e postais.

Elaborado por: Lucía Luaces López e Alexia Quintas Andión (Reporteiros da Pastoriza).