Hai varias semanas os alumnos/as de 1º de E.S.O. do I.E.S A Pinguela visitamos a fundación C.E.L. (Confederación de Empresarios de Lugo), un organismo que se dedica a axudar ás persoas que queren crear unha empresa, ben porque non teñen os recursos necesarios, ou ben porque non saben como conseguilo.
Alí, fomos recibidos por algúns traballadores que nos guiaron durante a visita e nos informaron sobre diferentes empresas que hoxe teñen os seus produtos no mercado.
Sóanvos as Patatotas? Pois naceron aí!
Despois visitamos diferentes departamentos onde había outras en proceso de creación, por exemplo a que están tentando montar unhas rapazas, en concreto unha liña de roupa feita con produtos naturais.
Rematamos cun vídeo sobre PERYCO.
Sobre … que? Iso é o que dixemos nós. Pois, é unha aplicación que se xestou na devandita fundación e ten como finalidade comparar os diferentes prezos de produtos de perfumería e cosmética que ofrecen as tendas e, deste xeito, poder atopar o máis barato.
Realmente, pareceunos moi interesante todo o que nos comentaron ademais de darnos certa seguridade á hora de montar a nosa propia empresa o día de mañá.
Lisbeth Sánchez e Aroa Fernández (1º ESO B)