O COLEXIO SAN XOSÉ PREGÚNTASE SOBRE OS PROBLEMAS COS QUE NACE O NOVO NAUDITORIO
A sala principal do auditorio ten una capacidade de 900 butacas e polo momento non hai espazo reservado para o foso.
O auditorio de Magoi está case listo, pero faltan, segundo cálculos do Concello, uns cinco millóns de euros para equipalo. Logo habería que dotar un presuposto para poñelo en marcha,cunha programación estable, e diñeiro para a súa conservación, aínda que quedan mese para que os lucenses o vexan aberto,
As obras comezaron cinco anos atrás, e os planos de como se distribúen as diferentes salas deberían estar enriba dos responsables municipais para saber que facer o día seguinte de que a Xunta de Galicia entregue as chaves.
Pero polo que parece non é así, e as dúbidas sobre que uso terá o espazo inquietan aos colectivos culturais e aos futuros espectadores mesmo, hai preguntas sen respostar: usarase este recinto para actividades non culturais?
Cantos meses tardará en abrir as súas portas?, e quen sabe ao mellor son anosanos.
Preguntamos a un home que vive preto do auditorio :
CRE QUE É UTIL O NOVO AUDITORIO?
Antes parecíame boa idea pero cos problemas que hai empézame a cansar
QUE LLE GOSTARÍA QUE LLE ENGADISEN AO NOVO AUDITORIO?
Parece moi grande, eso quere dicir que debe haber moitas sillas e iso e boa idea , ainda así gostaríame que cando hoibese acontecementos, actuacions de danza, teatro… gostaríame que tivese bos vestiarios
CRE QUE ESTA BEN LOCALIZADO?
Eso sempre depende da persoa, por exemplo, para min seríame moi cómodo, xa que vivo preto.
CANTO CRE QUE TARDARÁ O AUDITORIO EN ABRIR?
Xa sospeito eu, creo, que tardara meses, e quen sabe ao mellor anos.