UNHA VIAXE DE PERIÓDICO

Onte os nenos e nenas do IES A Pinguela fixemos unha excursión ás inmediacións d’ EL PROGRESO para ver o seu funcionamento. O primeiro que vimos foi un vídeo sobre como desenvolven o seu traballo os traballadores e traballadoras desta empresa: sacar as fotos, redactar a información, imprimilo todo e finalmente levala ata os quioscos onde os consumidores poden mercar o produto final, o xornal.
Ao rematarmos, dirixímonos ao lugar onde se atopaba a máquina fotocopiadora e as láminas que se utilizan para fotocopiar o papel.
Despois fomos vendo por onde pasaban os periódicos e finalmente os rolos nos que estaba envolto o devandito material, que por certo, eran enormes.
Ao finalizaren, os rapaces/as non marcharon coas mans baleiras: recibiron un agasallo como lembranza desta viaxe de periódico.

1º ESO A