Na imaxe os membros do xurado.

OS PREMIOS SAN CLEMENTE
Un bo xornalista ten que procurar a noticia, por iso cando soubemos que varias compañeiras do noso centro formaran parte do xurado que outorga os premios San Clemente puxémonos a pescudar e, por fin hoxe logramos falar con elas.
Para quen non escoitase falar nunca deles, podémoslles dicir que son uns premios que se propoñen converter os alumnos de bacharelato en protagonistas á hora de outorgar un premio literario, xa que están formados por alumnos/as de cincos institutos de Galiza. Consta de tres modalidades: novela galega, novela castelá e novela estranxeira.
E agora imos saber quen son as nosas protagonistas.
As encargadas de valorar as novelas galegas foron Ánxela Pérez e Ánxela Jorge.
Estas son as preguntas que lles fixemos e as súas respostas.
1. Por que decidistes ser xurado?
Ánxela Pérez: Porque me gusta moito ler e tiven a oportunidade de coñecer a persoas da miña idade.
Ánxela Jorge: Porque pensei que sería unha boa experiencia.

2. Por que elixistes esa novela?
Ánxela Pérez: Porque foi a que máis me gustou.
Ánxela Jorge: Porque a estrutura era innovadora e a temática non se tocara antes.

3. Volveriades a ser xurado?
Ánxela Pérez: Si
Ánxela Jorge: Se me volvesen a dar a oportunidade si

4. O título das obras axudouvos en algo para decantarvos por unha ou outra?
Ánxela Pérez: Non porque me chamou máis a atención unha novela e despoís gustoume outra.
Ánxela Jorge: Si, porque o título cres que vai ser rompedor

5. Cal foi a novela que menos vos gustou?
Ánxela Pérez: As ultimas galerías

6. Canto tempo tardastes en lelas?
Ánxela Pérez : Tres semanas cada unha.
Ánxela Jorge : Dous meses

7. A novela que escollestes era o tipo de novela que vos gusta?
Ánxela Pérez: Non era a que normalmente leo
Ánxela Jorge: A temática si

Polo que se refire á narrativa en lingua estranxeira, parte dos compoñentes do xurado foron Mireia e Sara.
1. Por que decidistes ser xurado?
Mireia: Porque era unha experiencia interesante.
Sara: Porque era algo novo que quería facer.

2. Por que elixistes esa novela?
Mireia: Porque me gustou moito.
Sara: Porque me gustou a temática.

3. Volveriades a ser xurado?
Mireia: Si
Sara: Si

4. O título das obras axudouvos en algo para decantarvos por unha ou outra?
Mireia: Non, porque ata que non a lin, non sabía cal podería ser.
Sara: O mesmo.

5. Cal foi a novela que menos vos gustou?
Mireia: Judas
Sara: Judas

6. Canto tempo tardastes en lelas?
Mireia: Todo o verán
Sara: Tres ou catro días cada novela.

7. A novela que escollestes era o tipo de novela que vos gusta?
Mireia: Si
Sara: Si

Cuestionario feito por Paula Pérez (1º ESO B)

E para rematarmos, parte do xurado en Lingua castelá foron Lucia Amaro e Andrea Méndez.
Velaquí o cuestionario que lles fixemos:
1. Como vos sentistes formando parte do xurado?
Lucía: Foi unha experiencia moi boa porque coñecemos xente doutros centros e permitiunos vivir o proceso do concurso.
Andrea: Pareceume moi gratificante porque decidimos o libro gañador e coñecemos a novos estudantes de noso curso doutros institutos.

2. Como foi a experiencia?
Lucía: Foi boa; é unha nova experiencia que me permitiu coñecer a parte que está agochada dos concursos.
Andrea: Foi moi boa porque nos puxemos de acordo rápido e axudámonos entre todos.

3. Que vos pareceron os libros que tivestes que ler?
Lucía: Eran libros diversos, pois cada un era diferente.
Andrea: Dous dos tres gustáronme moito.

4. Foi difícil poñervos de acordo para decidir o gañador?
Lucía: Un pouco, polas diferentes opinións.
Andrea: Complicado porque cada un tiña unha idea distinta.

5. Gustaríavos volver a ser xurado?
Lucía: Encantaríame porque o pasei moi ben.
Andrea: Tamén repetiría.

Cuestionario feito por Antón López (!º ESO A)