O INGLÉS DOS PEARES
Os alumnos de 4º ESO tiveron a oportunidade de disfrutar dunha das “Semanas de Inmersión Lingüística” da Xunta no entorno da vila de Os Peares, entre o 20 e o 26 de novembro. Estiveron nun ambiente completamente lúdico e anglofalante, con profesores nativos procedentes do Reino Unido. As instalacións nas que se desenvolveu a actividade atopábanse moi preto do encoro que hai na vila e todas as edificacións eran propiedade de Fenosa, que foran renovadas para a creación deste campamento. A xornada comezaba ás 8.30: almorzo e seguidamente, unha hora e media de clase completamente con actividades relacionadas co medio ambiente e en inglés, e xogos, con profesores diferentes todos os días, o que permitía coñecer con máis profundidade os diferentes acentos. Unha pequena pausa e, de novo, actividades e xogos para que os diferentes países, que eran os grupos nos que se dividiron aos participantes, gañasen estrelas, que eran o sistema de puntos polo que se rexían para gañar o premio final. Despois de xantar e un pouco de tempo libre, tocaban novas actividades: torneo de brilé, contruír casas con unha cantidade mínima de materiais ou incluso lanzar ovos dende o alto dun edificio e lograr que non rompan. Tras isto, tocaba voltar a clase para elaborar o “proxecto de clase”. Isto consistía en que cada país (India, Nova Zelanda, Australia, Xapón, Reino Unido, EE.UU, Brasil…) tiña que, a final de semana, representar unha tradición ou algo típico do seu país, xa fose un baile, unha peza teatral ou calquera outro tipo de proxecto. Xa pola noite, posteriormente á cea, a última actividade do día: unha película, unha noite de casino ou unha improvisada discoteca. Xa por último, tocaba ir a durmir. Ao final, o gañador do concurso das estrelas foi India, no cal se atopaban catro membros dos nosos alumnos: Gabriela, Carlos, Xoel e Xavier C. Sen dúbida foi unha semana incríble e unha oportunidade excepcional para coñecer mellor a lingua internacional nun ambiente… moi noso!

«Ancares 4»
IES BECERREA