O SAMAÍN
O día 3 de novembro festexamos no IES Becerreá o Samaín. Os alumnos de 4ºESO organizamos a festa, e vestímonos cos traxes típicos da época celta, xa que neste Samaín fixemos fincapé nas súas tradicións deste dia tan importante para eles. Para comezar fixemos a entrega de premios do concurso de relatos e o noso ganador foi Javier Cadenas cun conto sobre a coñecida “ Santa Compaña”. Despois representamos unha obra na que para facela tivemos que informarnos sobre a historia dos celtas e as súas costumes , e trataba sobre o aninovo celta. A continuación algunhas mozas leron os relatos premiados. Por último convidamos a todo o instituto a unha merenda con doces típicos desta época.
Equipo “Ancares 4”
IES BECERREÁ