O belén deste ano é pobre, pero é moi bonito. Está ambientado en Siria ou en calquera outra cidade en ruínas por motivo das dolorosas guerras.
É moi triste porque representa o sufrimento de todas as persoas que viven nesas situacións e ao saír das súas “casas” soamente ven destrución e morte. Pero noutra casa, tamén en ruínas polos continuos bombardeos, nace Xesús, o Mesías, acompañado de María e Xosé para darlles alegría e esperanza os prexudicados polas guerras e por todas as situacións de violencia que hai ao noso redor. Ao lonxe vense os Reis Magos, que a pesares da destrución, achéganse a adorar a Xesús, que nace para cambiar o mundo.
Un grupo de alumnos de 6º B
CPR DIVINA PASTORA SALESIANOS LUGO