”
O alumnado de 5º de Primaria da escola Laverde Ruíz de Outeiro de Rei estamos a redactar as primeiras novas para o noso diario. De primeiras centrámonos nas visitas e eventos que fixemos nestes dous primeiros meses de escola e demos boa conta da cobertura delas.
Dous dos nosos compañeiros cubriron a visita que fixemos fai unhas semanas a SOGAMA, onde nos ensinaron en que consiste o traballo que están a desenvolver na planta de separación de refugallos. Pareceunos moi interesante e deunos moito que pensar, xa que puidemos ver cos nosos propios ollos que aínda queda moito por facer sobre a reciclaxe e a separación de residuos. Ademáis, aproveitando a visita, outros dous compañeiros están a facer unha completa reportaxe sobre a reciclaxe na nosa sociedade, con exemplos concretos de en que se están a emplear novos obxectos reciclados.
Por outra banda, xa temos completamente rematados dous artigos máis. Un deles ocupouse da visita que nos fixeron os membros da asociación cultural Lugdunum que nos deron unha completa explicación de como vivían os castrexos, que costumes tiñan e representáronos algúns pasaxes da tradición do Samaín.
Por último, fixemos o tradicional magosto na nosa escola e dous xoves periodistas completaron unha nova dando boa conta do que sucedeu naquela data especial.
Seguirémosvos informando do que acontece no CEIP Laverde Ruiz