ABRAZOS POÉTICOS NO IES PERDOURO

Andrea Santos, Maruxía.

O martes días 23 de maio no patio do IES Perdouro celebrouse unha xuntanza coa escritora caboverdiana Amália Faustino, na que máis dun centenar de alumnos do centro recitaron conxuntamente versos do poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro. Posteriormente, recitaron os seus propios poemas por parte de Cabo Verde, Amália Faustino, e por parte galega Celestino Ben Barcia, Mecedes López, Ramón Reimunde e Carme Cociña. Tamén contamos coa actuación de Antonina Semedo que interpretou unha canción da súa propia autoría sobre os inmigrantes que veñen a Europa.

Foi un acto para dar a benvida a Amália Faustino e para celebrar a irmandade entre Galicia e Cabo Verde.