MURAS, FOGAR DUNHA DAS MAIORES GRANXAS EXTENSIVAS DA PROVINCIA.
Entrevistamos a Eduardo Arias Ferreiro para o noso xornal , el é o propietario dunha das explotacións gandeiras máis grandes de Galicia , este territorio é limítrofe con A Coruña e atópase preto das Pontes De García Rodriguez.
Entrevistador- Que lle levou a montar una granxa?
Eduardo Arias- Personalmente a min gustanme os animais e no meu casotiven que buscar un animal de reximen libre, que dispuxera de liberdade, que se poidera ofrecer en Galicia e que ao mesmo tempo poida ter unha rentabilidade.
Entrevistador- Fai canto tempo que ten a granxa?
Eduardo Arias- Empecei fai 34 anos cunha pquena parcela e fun adquirindoparcelas cercanas a esta.
Entrevistador- Cal é a extensión da granxa?
Eduardo Arias- Actualmente ocupa 380 hectáreas contando con pistas interiores para desprazarse , ademáis conta con muiños eólicos que conviven coas vacas.
Entrevistador- Dadas as características das parcelas en Galiciafoi difícil conseguir unha extensión tan grande?
Eduardo Arias- Penso que todo na vida é moi difícil , pero se ti crees no que queres facer rematas conseguindoo polo tanto debemos de sinificar un pouco máis o traballo do campo para facer explotacións viables.
Entrevistador- Cantas cabezas de gando ten na explotación?
Eduardo Arias- Teño sobre 470 cabezas en total , na que a maioria de cabezas son vacas , agrupanse en lotes de 40 vacas e un boi e os becerros das vacas.
CPR SAN JOSÉ
Equipo San Xosé B – 3º ESO B
Mateo Basadre, Nair Piñeiro, Aroa Otero, Laura Portero, Claudia Gato.
Fotos: Nair Piñeiro.