Encontro cultural entre a India e Galicia en Navia de Suarna
O día 13 de Xaneiro, o sociolingüista indio Anik Nandi visitou ao CPI Plurilingüe de Navia de Suarna para darnos un discurso sobre dinamización da lingua galega, disciplina na que recentemente obtivo o doutoramento. O noso centro é un dos 12 seleccionados e privilexiados onde el imparte a súas charlas. O seu interese polo galego comezou dez anos atrás, cando veu a Ourense coa intención de aprender castelán. Animouse a falar o galego polo feito de tratarse dunha lingua minoritaria como o é a súa lingua natal, o bengalí. Tamén, como el nos demostrou, porque temos algunhas palabras en común (ata 800) polas influencias das colonias portuguesas. Despois de estudar español ata un nivel de C1, galego ata o A1 e no Departamento de Idiomas e Interculturalidade da universidade de Heriot-Watt, Edimburgo , agora co seu programa “O Galego é un Mundo”, recorre algúns centros de Galicia coa intención de animarnos a falalo en todos os eidos da vida sen prexuízos. Durante a charla, moi interactiva, tocáronse varios temas de interese referentes ao idioma, á cultura, á relixión e á educación bengalí e hindú en xeral.
Conectando co público, ensinounos uns anuncios para descubrirnos como soaban algunhas das linguas máis importantes da India, amosounos un billete de 100 rupias e ensinounos o entretemento e os deportes favoritos da India, como son o cine de Bollywood, o cricket, o hockei e a loita libre. Dixo que das setecentas oitenta linguas que existen na India, cento noventa e seis están en perigo de extinción, e que a pesar das enormes diferenzas culturais, relixiosas e sociais dentro dun mesmo estado enorme como é a India, é asombrosa a capacidade de convivencia pacífica entre os seus millóns de habitantes, que se debe á grande influenza da filosofía que teñen as milenarias relixións deste país. Falounos das festas tradicionais onde se locen moitas e coloridas vestimentas tradicionais, como por exemplo da ‘Festa da Cor’, que se caracteriza por a particularidade de que as persoas se pintan a caldeirazos entre si para recibir a primavera e da ´Festa das Luces’ ou ´Dipavali´, na cal se enchen as rúas de candeas formando figuras, que simbolizan a vitoria do ben sobre o mal. Ao final, os ouvintes preguntámoslle varias cuestións e dúbidas, como o por que da cruz esvástica que aparecía nunha imaxe desta festa ao que nos respondeu que era un símbolo da cultura hindú que representaba o ben e a prosperidade e algunhas cuestións do profesorado sobre a convivencia e a educación, sobre o que nos explicou que chegaba a haber ata 100 nenos por aula debido ao problema de superpoboación que están a vivir. A pregunta na que máis énfase fixemos, tanto os alumnos coma o profesorado, foi a de que por que escolleu Galicia e non outro lugar e se interesou tanto pola nosa lingua e cultura: respondeu que nada máis chegar aquí xa empatizou coa natureza e coa cultura galega e na situación en que estaba como outras linguas minorizadas.
Xiao Yáñez e Alejandro Blanco (2º de ESO)