Os nenos/as de cuarto, quinto e sexto do CEIP O Salvador da Pastoriza visitamos o día 24 de outubro as instalacións do Progreso no polígono do Ceao.
Primeiro ensináronnos un vídeo, no que nos explicaron como se traballa na redacción, que se encontra no centro de Lugo. Nesa sala tamén vimos unha linotipia antigua e unha exposición moi interesante co primeiro número de El Progreso e outros xornais que se publicaron ese mesmo día.Todos estes diarios eran moi distintos aos que se fan agora.
Despois leváronnos á sala onde se fai o xornal en planchas de aluminio antes de imprimilo para colocalas na rotativa.
A continuación, visitamos o almacén no que estaban as bobinas de papel co que se fan os diarios. E logo, vimos as rotativas e esplicáronnos come se realiza o proceso de impresión e secado.
As instalacións son alucinantes!
Esmeralda Anello Rodríguez (6º de primaria do CEIP O Salvador).
Antía Fernández Ónega (6º de primaria do CEIP O Salvador).
REPORTEIROS DA PASTORIZA