Pola mañá, antes que o fixeran os nosos compañeiros de ESO, tivemos o tradicional canto das panxoliñas no salón de actos do colexio. Ao mesmo tempo os máis cativos, os de Infantil, tiveron unha fermosa celebración relixiosa na capela do colexio.
Pola tarde tivemos a celebración de Nadal todos os nenos e nenas de Primaria na igrexa da Milagrosa. Presentáronnos a celebración un pastor e unha estrela. Como xesto ofrecemos uns agasallos a Xesús, porque Xesús é o agasallo máis grande que Deus nos fixo, porque nos quere moito.
Tamén pola tarde os cativos de Infantil tiveron o seu recital de panxoliñas no teatro. Daba gusto ver a todos os nenos e nenas caracterizados con diferentes personaxes do belén ou adornos de Nadal: pastores, estrelas, árbores de Nadal….
Uns alumnos de 6º A de Primaria
Marta S., Amadeo e Anxo
Los Cazanoticias
CPR Divina Pastora Salesianos
Lugo