(

)

Onte no noso colexio Salesianos-Divina Pastora, celebramos o tradicional xesto da Operación Quilo, que culminaba as dúas semanas de recadación de alimentos para a xente necesitada do noso barrio, polo que puidemos comprobar este ano a nosa solidariedade foi aínda maior que en cursos anteriores.
O xesto consistiu nunha breve presentación do acto, unha representación dunha mini-obra titulada “A tenda do ceo” que foi moi divertida. Aparecían unha narradora, un anxo e unha nena que ía mercar.
A continuación fixemos unha entrega simbólica de alimentos ao párroco da Milagrosa que nos contou que irían para Cáritas, por último Óscar, o noso director, pechou o acto cunhas palabras.
Para remate cantamos todos xuntos unha panxoliña.

Uns alumnos de 6ºA
Laura, Gael, Leo e Cintia
EQUIPO OS CAZANOTICIAS
CPR DIVINA PASTORA SALESIANOS