A visita ao “Centro de Interpretación del Urogallo” en Caboalles de Arriba (Villablino) serviunos para coñecer unha especie da que non se fala moito e que está en grave perigo de extinción. Considerase unha ave da era glaciar, que foi desprazándose dende a Europa boreal. O urogalo  da Cordilleira Cantábrica (Tetrao urogallus), tamén coñecido como «pita brava» ou «pita de monte”, ten un tamaño algo menor que o europeo .

Desde finais da década dos oitenta do século pasado, é considerada unha especie protexida. As poboacións de Urogalos de Asturias e León comezan a estar desconectadas, o que prexudica a súa reprodución, en Galicia polo alisamento doutras colonias considerase practicamente extinguido. O seu período de celo vai de marzo a maio, a súa supervivencia está intimamente relacionada coas árbores como  o bidueiro que facilita a súa alimentación no inverno.

En definitiva un paseo polo  centro de interpretación, no que ademais de coñecer curiosidades do urogalo, tivemos a oportunidade de ver o desenvolvemento histórico deste espazo físico asemade  permitiunos obter información de aspectos da fauna e flora da zona e da vida nas Brañas (asentamentos a  onde se trasladaba  o gando, durante o verán, para aproveitar  os pastos).