San Valentín: “Cita a cegas cun libro”

                                 

     

                                                                                            Burela, 14 de febreiro 2017

 

No IES Perdouro de Burela, demostraron que o amor non é só cousa das parellas. Tamén se pode amar a lectura. Para celebrar o día de San Valentín, tivo lugar na biblioteca a actividade “Cita a cegas cun libro”.

Esta consistiu en que o alumnado que así o quixera pasaba pola biblioteca, na cal podía recoller algún dos libros envoltos en papel de agasallo.

Estes estaban divididos en dúas seccións: amantes primeirizos e amantes expertos. Elixida a obra, había que anotarse na lista que tiñan preparada e levala para a casa para lela.

Ao rematar a lectura, no momento da devolución, haberá que cubrir unha breve ficha expresando a opinión sobre o libro e, deste xeito, saber se o frechazo se converteu nunha fermosa historia de amor.

Andrea Santos, Maruxía.

Mais información en

http://perdourando.blogspot.com.es/2017/02/cita-cegas-cun-libro.html