Unha hora con Xosé Tomás

Para conmemorar o Día da Ilustración, Xosé Tomás estivo o martes 9 de febreiro dando unha charla-obradoiro ao alumnado da ESO do IES de Quiroga. Na súa charla, falou sobre os cómics e a banda deseñada na actualidade (nomeou algúns autores moi coñecidos como Miguelanxo Prado), pero tamén da súa historia (a súa orixe ten moita relación co cine).

Explicou que non todos os cómics son iguais: hai diferentes xéneros e tipos; tamén hai diferentes tipos de forma das viñetas, e dos deltas e bocadillos. Isto puxémolo en práctica cunha actividade en grupo.

Despois tamén nos mandou facer un «ditado» artístico, que consistía en que nós tiñamos que facer un debuxo coas características dos personaxes que el ía describindo.

A actividade gustounos moito, foi moi entretida e aprendemos que non todos os cómics son iguais e non todos teñen que ser humorísticos nin para público infantil.

David López García e Aarón Esteves García, 4º da ESO