O día 14 de xuño, cando chegamos ao instituto, o primeiro que fixemos foi ir buscar o xornal para ver quen foran os gañadores do concurso Escola de Prensa El Progreso.

Cando chegamos á clase e estivemos todas xuntas, empezamos a ler a noticia e cando vimos que nós eramos as gañadoras da categoría 3º e 4º da ESO, non o criamos! E ademais tiñamos outros dous premios: á mellor entrevista e á mellor infografía e maquetación. Estabamos máis que contentas,  eufóricas.

Antes de ter o descanso, preparamos unha pequena merenda á que viñeron todos os profesores que puideron. Algúns deles colaboraran con nós á hora de redactar este xornal e outros mostráronnos todo o seu apoio durante este proxecto. Felicitáronnos cada un deles. Sentímonos moi orgullosas do noso xornal e démonos conta de que valeu a pena todo o esforzo e todo o traballo que fixemos.

Temos moitísimas ganas de que chegue o martes 20 para irmos a Lugo.

Por certo, esa mesma tarde xa fomos a Radio Burela. Fixéronnos unha entrevista no programa Proxecto Neo para que explicásemos en que consitira o proxecto e que supuxo para nós este premio. Que supuxo? Pois unha gran alegría e unha experiencia inesquecible.