“UNHA VIDA DURA”
Entrevista ó Dr. López Pardo
M. Loureda – MURALLA A – CPR SAN JOSÉ
02/01/17 19:00
O pasado martes, o Doutor Manuel López Pardo concedeume unha das entrevistas máis bonitas que puiden facer na miña vida.
- Por que estudaches Medicina?
- Con 6 anos, a miña nai caeu enferma. Eu dicíalle que eu ía estudar para médico para curala. Desgraciadamente non cheguei a tempo.
- Foi difícil facerse médico?
- Nas miñas circunstancias, moitísimo. Nacín nunha familia sen recursos económicos e pasando moita fame e outras dificultades. Estudei grazas a un tío, que axudaba economicamente aos meus pais.
- Onde estudaches?
- A carreira, en Santiago de Compostela. Fixen a especialidade de Traumatoloxía en Munich e en Viena. Foi unha etapa moi dura, porque como dixen antes non tiña cartos. Cando cheguei a Alemaña, no hospital, comía de almorzo una mazá diaria, ata que coñecín a un amigo que aínda conservo e que me brindou a súa casa.
- Por que non quedaches alí?
- Porque tiña un gran amor en España esperándome e sentía que me debía aos meus.
- Que é o que máis che gusta do teu traballo?
- Ver que podo axudar á xente a vivir un pouquiño mellor.
- E o que menos?
- Desgraciadamente, ás veces temos que dar malas noticias, como enfermidades incurables, sobre todo se eses pacientes son nenos.
- Á parte da Medicina, que é o que máis che gusta facer?
- Pasar o tempo no campo. Nacín na terra, en casa de labregos e iso nunca se olvida. Disfruto tanto do campo como dos animais. Disfrutar da natureza é un regalo de Deus.
- Volverías estudar Medicina?
- Sen dúbida ningunha. Sempre será a miña paixón.
- Unha última pregunta: recomendarías ós mozos de hoxe estudar Medicina?
- Cada un ten que estudar o que lle gusta, pero intentar facelo sempre o mellor posible. Todas as profesións do mundo son imprescindibles e respectables por igual.