O equipo da biblioteca do IES de Becerreá organizou una actividade reivindicando a igualdade entre mulleres e homes na que participou toda a comunidade educativa.

Entre festiva e de compromiso o alumnado, profesorado e persoal non docente, vestiron os mandís que simbolizan a muller traballadora galega de todos os tempos e con  roupa negra para lembrar os abusos e a violencia contra as mulleres, leron un manifesto e berraron ao unísono “Igualdade”.