Visita á Biblioteca Intercentros de Lugo

O pasado mes de febreiro, os alumnos de 1º de Bacharelato e 3º ESO C do IES Perdouro de Burela foron de viaxe de estudos a Lugo. Alí realizaron varias visitas. Unha deles foi á biblioteca Intercentros en Lugo, situada no Campus Universitario de Lugo. Esta encóntrase moi próxima a maior parte das facultades deste campus para así facilitar que os estudantes universitarios poidan utilizala.

A BUSC (Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela) é un servizo de apoio ao estudo, á docencia e á investigación. Está formada pola Biblioteca Xeral, once bibliotecas de centro e catro bibliotecas intercentros (entre elas atópase a biblioteca de Lugo). Estas teñen diversos servizos como lectura en sala, salas de traballo en grupo, ordenadores para consultar, préstamos de portátiles… e moito máis.

Para levar libros desta biblioteca debes darte de alta coa Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI). Se o libro non o tes na biblioteca, pódese solicitar a outras bibliotecas se o hai. Agás no caso dos manuais, podes facer reservas cunhas condicións que che explican no mostrador de préstamo ou no Servizo de Información e Referencia.

Durante a visita, atendéronnos dúas bibliotecarias. Explicaron o funcionamento da biblioteca, como estaban ordenados os libros, como estaban organizadas as salas e algúns aspectos máis. Os alumnos divididos en dous grupos tiveron a oportunidade de realizar unha busca de dous libros (un para cada equipo) propostos por elas. Tiveron que buscalos na páxina web da biblioteca e ir localizalos a onde supoñían que se encontraban.

Unha vez recollidos os libros, tiñan que entregalos na recepción da biblioteca para ver se eran os correctos. Tiveron que facer todo isto en silencio para non molestar aos estudantes que estaban a facer uso das salas de lectura. Despois diso, preguntaron as algunhas dúbidas que tiñan sobre a biblioteca.

Antes de marchar, unha alumna viu dispositivos de alarmas nas portas de saída e preguntou para que servían. Tiñan a mesma función que nas tendas. Se houbese alguén que levara un libro sen pasalo antes pola recepción, activaríase a alarma. Pareceulles raro pero aínda así a bibliotecaria dixo que había xente de todo. E algúns intentan levar os libros.

A biblioteca está aberta de 8:30 h a 21:30 h pola semana e as fins de semana e os festivos abre de 10:00 h a 19:30 h con servizo de préstamo. En períodos de exames a Biblioteca abre ata ás 3 da madrugada como sala de lectura.

Por último, os rapaces despedíronse das bibliotecarias e dirixíndose ao autobús para volver a Burela e poder contarlles a experiencia aos seus familiares e amigos.