ENTREVISTA A NIEVES RODRÍGUEZ PÉREZ

Nieves Rodríguez Pérez, segunda clasificada no campionato de España de ximnasia rítmica de 1988 e actual mestra nesta disciplina, dedícanos un anaco do seu tempo libre para realizar esta pequena entrevista sobre a súa experiencia neste deporte.

  • Por que elixiches este deporte?

Porque aínda que este deporte non era coñecido dúas nenas do meu barrio empezaron a practicalo e quixen probar.

  • A que anos empezache?

Con sete anos.

  • Resultouche moi complicado?

Si, moi complicado. Empeza todo sendo un xogo pero despois converteuse en algo máis serio.

  • Onde adestrabas?

Nun patio-ximnasio do meu colexio.

  • Cantas horas?

Os primeiros tres anos só dous días á semana. Pero despois, a partir dos doce,  todos os días da semana polo menos catro horas diarias.

  • Quen foi a túa inspiración?

Cando xa empecei a competir coincidiu cos Xogos Olímpicos de Seúl e había dúas ximnastas que me gustaban moito: Alexandra Timoshenko e Marina Lóbatch, sobre todo esta última.

  • Cal foi o aparato que mellor se che daba?

A pelota, gústame moito porque é un aparato moi elegante que che permite exhibir máis as túas condicións físicas.

  • Tiveche que sacrificar algo para chegar a campioa de España?

Ao principio non porque era como un xogo, pero despois deixei de ter vida persoal. En canto saía do instituto tiña que ir a adestrar, non tiña tempo libre.

  • Que sentiche ao ser segunda de España?

Non o cría. Sempre fun unha muller que non confía monto en si mesma. Foi un shock. Pero o máis importante non é gañar senón que che guste o que fas.

  • Sentiche nalgún momento que non o podías conseguir?

Cada vez que competía. Sempre estaba moi nerviosa.

  • En que cambiou a túa vida ese título?

En xeral nada, deume moitos ánimos para seguir adestrando. Para a miña familia foi un gran cambio, sentíanse moi orgullosos de min.

  • Tiveche alguna mala experiencia?

Si, tiven malas experiencias, de feito por eso deixei a ximnasia rítmica.  A miña adestradora era moi dura, presionábanos moito. Controlaba moito o noso peso. Inda hoxe hai mozas que deixan de comer pola presión e acaban padecendo anorexia ou bulimia. Este é un deporte que require moito esforzo e hai que alimentarse ben.

Pero hoxe en día a miña adestradora e eu levámonos ben.

  • Hai moita rivalidade neste deporte?

Si, é o que fai mellorar as ximnastas pero hai que entendela ben: que haxa outros rivais ten que facer que nos esforcemos máis para superarnos.

  • A que idade te retiraches?

Aos 18, antes as ximnastas retirábanse moi pronto, aínda que agora soen deixalo máis tarde, incluso seguen entrenando despois.

 

Esta entrevista foi realizada por:

Ariadna del Pont Expósito, Vanesa DomínguezLabariñas, Débora Fernández Arnesto, Rubén López Rodríguez e María Dolores Rodríguez Arza.