PROXECTO: ENTRE ANXOS E NUBES DO CAMIÑO DE SANTIAGO,NO COLEXIO SAN XOSÉ-FEC DE LUGO.

O mércores 26 de Abril, algúns nenos de primaria e secundaria, presentaron cara ó público o proxecto do Camiño de Santiago: “entre anxos e nubes”. A súa finalidade foi ensinar o seu significado e a súa historia.

Participaron neste traballo todos os alumnos e alumnas do centro (dende infantil ata bacharelato) xunto cos seus mestres. O percorrido comezou na portería e continuou ata o ximnasio. Comentáronse temas moi diversos como a súa gastronomía, a flora e os distintos monumentos que se poden atopar en cada lugar. Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a cantidade de información que se pode desenrolar sobre este tema e todo o tempo e traballo dedicados.

TEXTO: ISABEL CARBALLADA

FOTO: IGNACIO GONZÁLEZ,

CAMIÑO PRIMITIVO A ,SAN XOSÉ-FEC DE LUGO