Entrevista a D. José Antonio Pena Parga. Nicolás Pillado Pérez, alumno de 1º de ESO. Colexio San José- FEC, Lugo.

 

José Antonio Pena Parga. Delegado comercial en Galicia:

“A pesca con cana é a máis deportiva que existe con respecto a outras modalidades”

Enganchado á pesca dende hai cinco anos, disfruta infinitamente deste deporte; das postas de sol, dos amenceres, da súa parella de aventuras. Berra cando perde unha peza e baila cando a    saca …

– Por que escolliches a pesca como hobby?

– Inicieime con meu cuñado e ao vivir nunha zona de costa, teño moitas facilidades para practicala.

É unha actividade sa,  ecolóxica e respectuosa coa natureza. O mero contacto visual co medio é moi beneficioso

– Que tipo de pesca practicas?

– Pesca con cebos artificiais porque é máis deportivo, o peixe ten poucas posibilidades de ser enganado e ademais, pódoo devolver ao mar en perfectas condicións se a peza non dá o talle ou non a vou  papar.

– Como se chama?

-Spining: lance lixeiro

– Que tipo de cebos utilizas?

– No argot da pesca chámanse minows e  vinilos. Son peixes artificiais que imitan o aspecto, as cores, as texturas e as formas dun peixe real. Teñen un deseño hidrodinámico e, ao arrastralos co sedal (fío) imitan o movemento dun peixe real.

– Recomendarías este deporte?

– Si

– Por que?

-Porque se desenvolve en entornos marítimos e fluviais de gran beleza e porque a emoción de capturar un peixe é algo inigualable. O peixe loita pola súa vida e hai un combate entre o pescador e o peixe, no que non sempre gaña o pescador.

– Para iniciarnos na pesca cal sería o “kit básico” que deberiamos mercar?

– Cana, carrete, fío e señuelos. Sobre uns 120 €

– Caro o material?

– Asequible para iniciación e moito máis caro en nivel de perfeccionamento. As marcas xaponesas son as máis caras.

 

Nicolás Pillado Pérez.