O sector lácteo

O prezo do leite suma dous meses de suba despois de case tres anos á baixa.

O desequilibrio entre oferta e demanda comeza a moderarse e repecurte na cotización.

Logo de case tres anos de recortes nos prezos do leite, a tendencia parece cambiar e os produtores xa acumulan dúas mensualidades consecutivas de incrementos nas cotizacións. Ben é certo que estas subas foron moi directas: 0,4 céntimos en agosto e un céntimo en setembro, que serviron para devolver o optimismo ao sector.

As cotizacións dos principais derivados lácteos seguen aumentando de forma importante en todo o mundo, pero a situción que se vive no campo galego é xusto a contraria. A tal punto chegamos que a situación económica dos/as gandeiros e gandeiras é tan precaria que levaron a cabo unha folga na que protestaron polas cotizacións recibidas.

A cota láctea son os dereitos de produción de cada gandaría. Pero agora xa non hai para os gandeiros, só hai para o país.

Entrevista:

Adolfo Rivas, gandeiro.

«As cotizacións que recibimos son moi baixas»

Adolfo Rivas naceu en Lugo, o 31 de xaneiro de 1959. É propietario duna explotación de 200 vacas e leva todo a vida adicándose á gandaría.

Vostede estivo presente na «tractorada» como protestante?

Si, porque as cotizacións que recibimos son moi baixas.

Canto lle pagan por un litro de leite?

29 céntimos.

Que lle parece?

Moi pouco, porque para vivir comodamente temos que vender moito.

De que cre que é a culpa desta mala situación?

Do gran desequilibrio da oferta e a demanda.

Por que cre que hai un gran desequilibrio na oferta e a demanda?

Porque hai máis produción ca consumo.

Como lles afectou a cota láctea?

Para mal, porque había que a lugar uns tantos litros para poder producir, se non poñíannos unha multa.

Teñen que facer moita inversión de capital para ter mellores medios de traballo?

Na nosa situación, si.

Cantas horas lle dedican cada día normalmente?

12 horas.